Evolución Económica: Do Crack de 1929 ao New Deal

Conceptos Económicos Fundamentais

Especulación: Actitude persoal sobre o valor dun produto que se agarda que alcance un prezo de venda interesante. A especulación deuse na adquisición das accións das empresas que se agardaba que alcanzasen un prezo elevado.

Superávit: Dáse cando as exportacións superan as importacións e tamén cando nos orzamentos os ingresos superan os gastos.

Creba: Prodúcese cando unha empresa pública ou privada só dá perdas ou prexuízos.

Inflación: Aumento dos prezos sobre os produtos de consumo. O control da inflación lévase mensualmente para lograr un dato anual.

Sobreprodución: Este fenómeno dáse cando as factorías producen bens de consumo que non conseguen vender, polo que se almacenan. Son stocks que agardan por mellores tempos económicos. A sobreprodución deuse coa crise de 1929 porque os axentes produtores non daban vendido o que producían, ocasionando un grave problema, polo que tiveron que pechar as factorías en parte e botar os obreiros á rúa.

Intervencionismo: Dáse cando o Estado actúa como axente regulador, ben sexa mediando nos conflitos entre patróns e obreiros, ben sexa impoñendo un arancel de alfándega elevado para gardar os produtos que se importan.

1. O legado da I Guerra Mundial

Grandes efectos sobre a economía, moitas vítimas e puxo fin á estabilidade financeira. Tamén provocou unha gran inflación e un problema de débedas para os países.

1.1 As reparacións de guerra

Tratado de Versalles para Alemaña. Francia ocupa o Ruhr para asegurarse do cobramento. As consecuencias das reparacións foron políticas; todo isto estimula un auxe do nacionalismo radical.

1.2 As débedas interligadas

Plan Dawes, que se aproba no ano 1924 e consta de facerlle préstamos aos alemáns para pagar as débedas.

1.3 A hexemonía dos Estados Unidos

Durante a década de 1920, os EE. UU. foron a primeira potencia económica. Créase un superávit en Europa e, como consecuencia, o dólar impulsa a libra como moeda de cambio. Estados Unidos mantén un sistema de préstamos e é o primeiro investidor mundial.

2. Os felices anos 20

Etapa de prosperidade económica e social coñecida como os felices anos vinte. Mellora da produtividade e uso de novos produtos como o automóbil. Aínda que as familias non tiñan diñeiro, todo se adquiriu grazas a préstamos, crédito e á venda a prazos. Impulso tamén de sectores industriais. Outro motor de expansión foi a construción; moitos estaban convencidos de que sería unha prosperidade permanente.

2.2 Desequilibrios e desigualdades

Crise das industrias tradicionais e ruína de millóns de granxeiros.

2.3 A febre bolsista

A sobreprodución comezou a ser un problema. Unha parte das ganancias dirixiuse á compra de accións en bolsa. Isto xera unha burbulla especulativa.

2.4 O crack da bolsa de 1929

Incremento de accións á venda. No chamado xoves negro, o pánico apoderouse dos investidores. Foi o crac da bolsa cando rematou a euforia de mercar accións. A vaga de vendas tivo lugar o 29 de outubro, martes negro; o mercado de valores caeu e as cotizacións non deixaron de baixar.

3. A Gran Depresión

Despois da caída da bolsa, unha serie de factores contribuíron a desencadear unha crise económica. Primeiro, a sobreprodución; despois, a crise de liquidez que crea unha espiral de endebedamento, ademais dunha retirada de investidores en Europa, e isto acelera tamén o proceso de deflación. En terceiro lugar, a caída do consumo e, por último, a crise agraria.

3.2 As crebas bancarias e a recesión industrial

A crise bancaria supón a quebra de moitos bancos e isto tamén induce ao país nunha crise industrial e nun aumento do desemprego e no mercado cunha diminución da demanda.

4. As propostas de recuperación da crise

O New Deal foi unha nova política que poría en práctica Franklin D. Roosevelt. O seu programa avogaba pola intervención pública, que consideraba necesaria. As medidas principais foron:

  • A creación do Works Progress Administration.
  • O National Recovery Administration.
  • A Lei de axuste agrario.
  • As axudas para pagar as hipotecas.
  • A Lei de relacións laborais.
  • O seguro de desemprego.
  • Control sobre os bancos e a comisión de valores e cambio.

4.2 Os resultados do New Deal

Roosevelt critica o intervencionismo de Estado. Non podemos afirmar que contribuíse a unha estabilización da economía; non logra producir unha etapa de crecemento.

4.3 A proposta keynesiana

Keynes dicía que o problema era a falta de demanda e a caída do investimento. Defende que o Estado debería investir o gasto público e este gasto aumentaría o emprego e, con el, o consumo. Para incentivar a demanda, propuxo a mellora dos salarios e, para estimular o investimento, defendía penalizar o aforro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *