A crise da Restauración
O reinado de Afonso XIII comezou o 17 de maio de 1902, despois de 17 anos de rexencia de María Cristina de Habsburgo. Este período estivo marcado pola crise de 1898 e pola inestabilidade política, económica e social.
O colapso político
O inicio do reinado estivo influenciado pola perda das colonias en 1898 e o rexeneracionismo. O caciquismo e a corrupción electoral levaron ao colapso do sistema da Restauración. As transformacións sociais e económicas do século XX acentuaron os desequilibrios, mentres que os partidos dinásticos perderon forza fronte aos partidos da oposición como republicanos, nacionalistas, socialistas e anarquistas.
A ditadura de Primo de Rivera
O 13 de setembro de 1923, o xeneral Miguel Primo de Rivera levou a cabo un golpe de estado, instaurando unha ditadura que se prolongou ata 1930. Este golpe estivo influenciado polo descrédito do sistema parlamentario e a deficiente ocupación militar de Marrocos. Durante o seu mandato suspendéronse as garantías constitucionais e prohibíronse os partidos políticos. A pesar dun período de progreso económico, a oposición política creceu, o que provocou a retirada do apoio do rei a Primo de Rivera en 1930.
A Segunda República (1931-1933)
Tras a caída de Primo de Rivera, Afonso XIII restaurou a Constitución de 1876 e convocou eleccións municipais, pero os vellos partidos non colaboraron. En agosto de 1930, os partidos da oposición asinaron o Pacto de San Sebastián para establecer a República. As eleccións municipais do 12 de abril de 1931 resultaron en vitorias para os candidatos republicanos e socialistas. Sen apoio, Afonso XIII abdicou e o 14 de abril proclamouse a República.
A proclamación da República
O Goberno provisional, formado polos asinantes do Pacto de San Sebastián, iniciou reformas urxentes como a amnistía dos presos políticos e a legalización dos sindicatos. Convocáronse eleccións para as Cortes Constituíntes, onde en xuño de 1931 gañou o centro esquerda. As Cortes elaboraron unha nova Constitución e elixiron Niceto Alcalá-Zamora como presidente, quen nomeou a Manuel Azaña como primeiro ministro.
As institucións republicanas
- Amnistía para os presos políticos.
- Legalización dos sindicatos.
- Reforma da administración.
Bienio reformista
Tras a proclamación da República, entre decembro de 1931 e xuño de 1933 gobernou unha coalición de centroesquerda dirixida por Azaña, período coñecido como bienio reformista. Caracterizouse por impulsar reformas ambiciosas, pero atopou oposición tanto da extrema dereita (que intentou un golpe militar en 1932, a sanjurjada) como da extrema esquerda, que consideraba as reformas insuficientes e promovía folgas e ocupacións de terras.
O sufraxismo
O sufraxismo foi un movemento feminista que loitaba polo dereito ao voto das mulleres, así como pola igualdade na acción e a representación dentro da política e a sociedade.
En España, ata principios do século XX, o movemento feminista apenas conseguiu avances, e os poucos que logrou limitáronse principalmente ao ámbito educativo.
O gran cambio chegou coa Constitución de 1931, que por fin outorgou ás mulleres o dereito ao voto. Ademais, esta mesma Constitución introduciu importantes reformas no ámbito familiar:
- Estableceu o matrimonio baseado na igualdade.
- Deu paso á primeira lei de divorcio en España en 1932.
Clara Campoamor (1888-1972)
Foi unha avogada e política española, artífice principal do voto feminino en España e deputada nas Cortes de 1931. Defendeu o dereito ao voto da muller no debate do 1 de outubro de 1931, fronte a quen cría que as mulleres non estaban preparadas. Grazas ao seu discurso e loita, aprobouse o sufraxio feminino na Constitución de 1931.
A Segunda República (1933-1936)
O 19 de novembro de 1933 celebráronse as segundas eleccións xerais da República, as primeiras nas que podían votar as mulleres.
Bienio conservador
As eleccións de 1933 deron a maioría aos conservadores (CEDA de Gil-Robles e Partido Radical de Lerroux), comezando o bienio conservador ou bienio negro (ata febreiro de 1936). A súa característica principal foi a cancelación das reformas sociais e económicas do período anterior. O goberno de Lerroux aplicou unha política revisionista que frenou o proceso autonómico do País Vasco e Galicia e enfrontou a Cataluña.
A Guerra Civil
Durante a primeira metade de 1936 xestouse unha conspiración militar contra o Goberno da República, na que participaron altos mandos do Exército (como Mola, Franco, Sanjurjo) xunto a carlistas e falaxistas.
O 17 de xullo de 1936 comezou o levantamento en Melilla, estendéndose ao Protectorado de Marrocos. Ao día seguinte, 18 de xullo, a rebelión alcanzou Canarias e a Península. O golpe triunfou en zonas pouco industrializadas e conservadoras: Castela e León, Galicia, Navarra, gran parte de Aragón, Andalucía occidental, Baleares e Canarias. No resto do Estado, as milicias obreiras e as forzas leais ao Goberno frenaron aos sublevados.
Bando sublevado (Nacional)
- Composición: Militares golpistas, carlistas, falaxistas, tropas de elite (Regulares, Lexión).
- Apoyo internacional: Alemaña (Lexión Cóndor) e Italia (CTY).
- Obxectivo: Tomar Madrid e acabar rápido coa República.
Bando republicano
- Composición: Fieles ao Goberno, milicias obreiras (anarquistas, socialistas, comunistas).
- Apoyo internacional: URSS, México e as Brigadas Internacionais.
- Problemas: Divisións internas entre anarquistas, comunistas e republicanos.
Galicia no primeiro terzo do século
Evolución do galeguismo
- De rexionalismo a nacionalismo: O movemento pasou de defender ideas rexionalistas a un nacionalismo con demanda de autonomía política.
- Orixe (1916): Xurdiu coa revista Estudos Galegos e as Irmandades da Fala.
- Consolidación (1931): Fundouse o Partido Galeguista (PG), principal impulsor da autonomía.
Estatuto de Autonomía de 1936
Definía Galicia como comunidade autónoma, recoñecía a cooficialidade do galego e establecía institucións de autogoberno. Foi aprobado en referendo en 1936, pero a súa aplicación viuse interrompida polo estalido da Guerra Civil.
Cara á modernización socioeconómica
A economía era maioritariamente agraria (85% da poboación). Os factores de modernización incluíron a emigración a América (remesas), a redención foral (acceso á propiedade da terra) e o auxe da industria conserveira. Con todo, a Guerra Civil e a posguerra interromperon este progreso, aínda que as cidades seguiron crecendo demograficamente.